Pero si le hubieran preguntado, el niño de los ojos del agua hubiera dicho que quería ser pirata. Era feliz haciendo relojes de arena, pero soñaba con barcos.
Foto: Barco pirata amarrado a la orilla del Mälaren.
"¿Qué hai, Pardal? Espero que este ano poidamos ver por fin a lingua das bolboretas".
O mestre agardaba desde había tempo que lle enviaran un microscopio aos da Instrucción pública. Tanto nos falaba de cómo se agrandaban as cousas miúdas é invisibles por aquel aparato que os nenos chegabamos a velas de verdade, como se as súas verbas entusiastas tiveran o efecto de poderosas lentes.
"A lingua da bolboreta é unha trompa enroscada como un resorte de reloxo. Se hai unha flor que a atrae, desenrólaa e métea no cáliz para zugar. Cando levades o dedo humedecido a un tarro de azucre, ¿a que sentides xa o doce na boca como se a xema fora a punta da lingua? Pois así é a lingua da bolboreta".
E entón todos tíñamos envexa das bolboretas. Que marabilla. Ir polo mundo voando, con eses traxes de festa, e parar en flores como tabernas con bocois cheos de xarope!
A lingua das bolboretas, Manuel Rivas.
Conto que forma parte de ¿Que me queres, amor? (1995)